AXUSTES NA LIMPEZA E RECOLLIDA DE LIXO O VINDEIRO MARTES, 4 DE NOVEMBRO

3 · Novembro · 2025 | Avisos

Comunicamos á cidadanía que o vindeiro 4 de novembro os servizos de limpeza e recollida de lixo corresponderanse aos horarios dos días festivos, con motivo da celebración do patrón do persoal de limpeza San Martín de Porres.

Así mesmo, para garantir a correcta reciclaxe de aveños, informamos de que os puntos limpos se manterán abertos durante a xornada.

Para calquera dúbida, contactar con Santiago Sostible a través do teléfono 981 565 469 ou da nosa web.