O 25 de outubro volven as sesións informativas sobre compostaxe comunitaria do Concello de Santiago

22 · Outubro · 2025 | Accións

Para o fomento da compostaxe – individual, comunitaria e ndustrial – da veciñanza de Santiago, este sábado 25 de outubro continúan as charlas sobre o funcionamento das illas de compostaxe comunitaria. Deste xeito, toda aquela persoa interesada poderá acudir e resolver as dúbidas que teña ao respecto.

As accións levaranse a cabo en dúas novas localizacións: no CSC Santa Marta ás 10:30h e no CSC Vidán ás 12:00h.

Continúa así o compromiso do concello coa sostibilidade medioambiental, do que dá mostra o Plan de Xestión da Materia Orgánica que ten en marcha. Que conta entre as súas accións, iniciativas de sensibilización cidadá como este ciclo de charlas.