Novas illas para compostaxe comunitaria en Santiago

21 · Agosto · 2025 | Accións, Compostaxe comunitaria

O concello de Santiago acaba de instalar tres novas illas para a compostaxe comunitaria. Estas sitúanse no campus sur, fronte a Facultade de Matemáticas; na Almáciga e no parque Xixón.

Continúa así a aposta que fai Santiago pola sostibiliade medioambiental cun proxecto de compostaxe que ocupa tres vertentes: a compostaxe individual, coa intalación de composteiros nas parcelas da veciñanza participante; a comunitaria, con estas illas repartidas en diferentes puntos da cidade, e a industrial a través do colector.

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, facía balance desta proposta medioambiental nunha rolda de prensa celebrada esta mañá. Nela fixo fincapé en que a compostaxe “é unha das grandes liñas estratéxicas do noso goberno en materia de xestión de residuos”. Esta práctica “permite reducir a factura do lixo, aforrar custos de tratamento, e ao mesmo tempo xerar un recurso valioso: o compost. Do que antes era un residuo, agora facemos un recurso que volve á terra”, explicaba.

Etiquetas: