Desde hoxe e ata o sábado celébrase en Santiago de Compostela o festival O Son do Camiño, en Monte do Gozo. Urbaser e Concello implantan colectores de reforzo nas inmediacións do recinto para que todas as persoas asistentes ó evento poidan depositar os residuos. A continuación indícanse as súas localizacións:
- Rúa das Estrelas
- Calzada de San Marcos
- Entrada Monte do Gozo
- Rúa da Ponte de San Lázaro [fronte ó restaurante O Tangueiro]
- Rúa do Peregrino
- Casas Novoa
- Rúa de San Lázaro [fronte á Bodeguilla de San Lázaro]
- Campo de fútbol
Lembramos a importancia de depositar os residuos nos colectores para non contaminar os nosos montes, a nosa paisaxe, ¡coidemos o medioambiente!
Celebrar sí, pero con sentidiño!