Os colectores das illas soterradas da rúa Xeral Pardiñas foron reubicados nas confluencias da rúa Montero Ríos e República Arxentina, a causa das obras de pavimentado. Durante os vindeiros meses, e ata o remate das obras, esta será a nova localización para que a veciñanza da zona ubarna poida continuar coa boa práctica da separación de residuos.
Lamentamos as molestias que poida ocasionar este cambio e pregamos non abandonar residuos, tanto bolsa como enseres, fóra dos colectores.