Nova campaña de concienciación sobre a separación e depósito de residuos

21 · Abril · 2025 | Consellos

O concello de Santiago comeza este martes 22 de abril una nova acción a pé de rúa para sensibilizar á cidadanía sobre a correcta separación e depósito dos residuos na vía pública. A campaña, que se prolongará inicialmente durante os próximos tres meses, contará con dous profesionais que recorrerán as rúas para dar a coñecer os horarios de depósito de lixo e as fórmulas de separación do mesmo para a súa correcta reciclaxe. Así mesmo, controlarán que o depósito se faga correctamente.

Os profesionais ambientais estarán nas rúas de 19 a 24 horas e centraranse sobre todo nas zonas do Casco Histórico e o Ensanche. O motivo desta elección é que se trata dos puntos onde máis residuos se producen e onde se localizan a maior parte dos puntos negros de incumprimento reiterado.

No caso de puntos negros reincidentes, tras 3 avisos os profesionais remitirán informe á Policía Local, que poderá abrir expediente sancionador.

Foto: Icía García

Etiquetas: